martes, 28 de marzo de 2017

Tradición Oral

Como a tradición oral é moi importante, nós quixemos aprender un xogo de dedos!! 

O primeiro que fixemos foi aprender a canción: "Dedos panadeiros" (melodía arranxada por Álvaro Iglesias e Luís Prego)

A canción dí así:

Este é o maimiño chora e pide pan
Este é o sobriño e xa moeu o gran
E o pai de todos acendeu o forno
E o furabolos xa coceu os bolos
Este máis gordiño “escachapiollos”
Tiña tanta fame que comeunos todos.

Quen é quen? Para responder a eso traballamos nuns monicreques de dedos e gustounos moito!!


  


 Unha pequena mostra...


viernes, 10 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Desta volta e con motivo do Día da Muller (8 de Marzo), os amigos Mi e Sol contáronnos que coñeceron a unha muller que traballa de policía en Santiago de Compostela. Ela contoulles unha historia sobre unha elefanta chamada Margarita...




O conto gustounos moito e cantamos e xogamos coa canción de "Casimiro o elefante" (Mamá Cabra).

Camiñamos como elefantes, movemos as orellas... ata durmimos coma eles!




Tamén bailamos e ata xogamos na pizarra dixital a debuxar a clave de Sol e a buscala entre pentagramas e figuras!